The Valley
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
Designación para unha entitade territorial administrativa dun país particular | territorio Británico de Ultramar | ||||
Territorio Británico | Anguila | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.067 (2011) (392,28 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2,72 km² | ||||
Altitude | 9 m | ||||
The Valley é a capital de Anguila, no mar Caribe, e a maior localidade da illa. No censo de 2011 contaba cunha poboación de 1 067 habitantes. Está situada na baía de Crocus Bay, no centro do litoral noroeste da illa.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]A poboación ten escasos exemplos de arquitectura colonial, debido ao traslado da administración colonial de Anguila para Saint Kitts e Nevis en 1825. Fica como bo exemplo a Wallblake House, construída en 1787 e usada actualmente como dependencia da igrexa adxacente. En The Valley consérvase unha histórica prisión sita a menos de 100 m de altura sobre o nivel do mar.
A oficina turística de Anguila na localidade é unha antiga construción, que en tempos servía para almacenar o algodón, que logo era exportado para Inglaterra.
Comunicacións
[editar | editar a fonte]The Valley posúe o Aeroporto Wall Blake, desde o cal se poden realizar algúns voos internacionais; hai voos diarios aos aeroportos internacionais de Antigua, Saint Martin, Saint Thomas e Porto Rico. As instalacións están sitas na parte sur da cidade, na zona denominada Long Ground.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: The Valley |